arriba

PortadaseparatorNoticiasseparatorPrograma da TVG - Vivir aqui


Sábado, 25 de Marzo de 2017
 

Programa da TVG - Vivir aqui

Os reporteiros e as reporteiras guíannos por algunhas das granxas máis singulares de Galicia. Explotacións en que se crían razas autóctonas coma o galo ou o porco celta, ata outras orientadas á educación ambiental.

Rosa Bello conversa cos socios e empregados de Ganxabar, a única cooperativa de recría de vacún de Galicia, formada por gandeiros das comarcas de Xallas e Barcala. As crías chegan as instalacións que teñen en Mazaricos aos poucos meses de vida e volven ás granxas dos socios dous meses antes de parir. Raquel Fernández visita a David Sueiro da granxa-escola O curral do Galo Celta, que, desde Vila de Cruces, conseguiu levar a carne de galo celta ás cociñas de chefs coma Pepe Solla ou Martín Berasategui. Xulia Piñeiro lévanos á Granxa Escola Barreiros de Sarria, que foi pioneira en promover a educación ambiental hai sesenta anos. Ademais de recibir visitas escolares, as súas instalacións acollen a diario diferentes actividades en que divulgan o patrimonio natural e invitan a preservalo.

En Arzúa, Nico Campos preséntanos a Manuel Fernández da Granxa do Souto dedicada á cría de porco celta e ao cultivo de millo corvo, unha variedade autóctona de grao negro e fariña cada vez máis apreciada. Julián Gómez visita a granxa de caracois de Carlos Rodríguez, en Esgos. A exportación a Cataluña ou a País Vasco segue a ser o destino de boa parte da súa produción, pero o interese en Galicia medra tamén o interese polo seu valor gastronómico.

Ver video:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/traballo-nunha-granxa



Más noticias...

Utilizamos cookies, propias y de terceros, para medir y obtener datos estadísticos de tu navegación como usuario, también utilizamos cookies de marketing. Puedes configurar y aceptar el uso de cookies mediante las casillas que se muestran a continuación y también puedes cambiar de opinión y modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra política de cookies.


«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Cualquier duda o sugerencia puede usar nuestra «sección de contacto.».


ACEPTAR TODAS
RECHAZAR TODAS
CONFIGURAR/PERSONALIZAR  
Más información