arriba

PortadaseparatorNoticiasseparatorA única granxa de caracois de Ourense vende tamén o produto cocido e...


Lunes, 8 de Febrero de 2016
 

A única granxa de caracois de Ourense vende tamén o produto cocido e envasado

'Visitamos agora unha granxa de caracois, situada no concello ourensán de Esgos, a única da provincia de Ourense e unha das poucas que funcionan en Galicia. Dende hai cinco anos crían entre 2.000 e 3.000 quilos de caracois ao ano e agora tamén comezaron a envasar os caracois xa cocidos. Un produto aetesanal que non se consome moito en Galicia pero ten un importante saída no mercado a outras comunidades, como Cataluña, País Vasco ou Madrid.


Nesta época do ano os caracois están en plena fase de reprodución. Desta sala cunha temperatura de entre 18-20 graos saen uns 3 millóns de crías ao ano.

Dende hai cinco anos aquí producen uns 3.000 quilos de caracois ao ano, a maior parte véndenos vivos, pero agora esta pequena empresa familiar tamén envasa o seu propio produto elaborado de xeito artesán, só leva auga e sal e consérvanse ata dous anos.

Galicia non é un grande consumidor de caracois, véndenos sobre todo a Cataluña, O Levante, País vasco e Madrid, para a restauración e tendas gourmet. O seu prezo vai dende os 4 e os 9 euros.

Entre os proxectos de MARRETERRA CONSERVAS está sacar ao mercado os caracois xa envasados en salsa. E tamén forman parte da cooperativa galega Galicol co obxectivo de producir entre 8 e 10 toneladas de caracois.'

 

Vídeo de la noticias:

http://www.crtvg.es/informativos/a-unica-granxa-de-caracois-de-ourense-vende-tamen-o-produto-cocido-e-envasado-1797180

 

Fuente TVG - Televisión de Galicia

http://www.crtvg.es



Más noticias...

Utilizamos cookies, propias y de terceros, para medir y obtener datos estadísticos de tu navegación como usuario, también utilizamos cookies de marketing. Puedes configurar y aceptar el uso de cookies mediante las casillas que se muestran a continuación y también puedes cambiar de opinión y modificar tus opciones de consentimiento en cualquier momento visitando nuestra política de cookies.


«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Cualquier duda o sugerencia puede usar nuestra «sección de contacto.».


ACEPTAR TODAS
RECHAZAR TODAS
CONFIGURAR/PERSONALIZAR  
Más información